Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A merla de trapo / Antón Cortizas ; ilustracións de Xosé Cobas.

por Cortizas, Antón (1954- ); Cobas, Xosé (1953- ).
Tipo: MonografíaSeries: (Merlín (Edicións Xerais de Galicia) ; 113).Editor: Vigo : Edicións Xerais de Galicia, 2001 Edición: 1ª ed.Descrición: 160 p. : il. cor. ; 19 cm.ISBN: 8483026902.Materia(s): ContosPremios: Premio Merlín 2001Resumo: A merla de trapo é unha historia de fadas pero sen fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro… . Ao cabo dun tempo, a Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos… e así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o tempo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía a capacidade humana de soñar...
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Manuel Sueiro
Sala préstamo
82N-G COR mer 1 Dispoñible OEC015000005182

5º-6º Primaria

De 11 anos en diante

A merla de trapo é unha historia de fadas pero sen fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro… . Ao cabo dun tempo, a Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos… e así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o tempo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía a capacidade humana de soñar...

Premio Merlín 2001

Coa tecnoloxía Koha