Nera, a ferreira / Imelda Barrio Santamaría
por Barrio Santamaría, Imelda [autor/a]
; Meixide, Andrés [ilustrador/a]
.
Tipo: Este rexistro ten moitos ítems físicos (94). Faga clic aquí para velos todos.
Forma parte da colección Contos da igualdade, que recolle relatos premiados no Certame de Contos pola Igualdade organizado por Baía Edicións e o Concello da Coruña.
Conto ilustrado que promove a igualdade de oportunidades e a ruptura dos estereotipos de xénero a través da historia dunha nena que soña con ser ferreira.
Nera nace nunha noite especial, cando as fadas conceden un desexo a quen chega ao mundo. Ela decide converterse en ferreira, un oficio reservado tradicionalmente aos homes. A través dunha historia chea de cor e determinación, o libro amosa a importancia de loitar polos propios soños e de superar os prexuízos sociais.
1º-2º Primaria
3º-4º Primaria